lunes, 13 de abril de 2015

Reedición de Bieito Dubidoso de Roque Cameselle

 
Edicións Xerais publicou este mes de Febreiro unha reedición corrixida da miña novela Bieito Dubidoso. A miña primeira longametraxe O pequeno mago baséase nas primeiras cen paxinas deste libro.
Bieito Dubidoso
Se tedes oportunidade, leédelo!!!

Non é mérito meu que quedara tan ben. A editorial realizou un traballo boísimo, lese con facilidade e a presentación é unha marabilla. Felicidades a todo o equipo de Xerais e especialmente a Héctor Cajaraville, o meu corrector, que foi quen de entender o chinés que escribo e convertelo en algo lexible. E a Manuel Bragado moitísimas grazas por aturarme tanto tempo.